Deseñando Futuro

Deseñando Futuro

Deseñando Futuro (6 julio 2016)

Hoxe tivemos unha visita moi especial, 25 rapaces e rapazas de Soutomaior que participan do programa promovido pola Xunta de Galicia, “Deseñando o teu futuro!” e impulsado pola Concellaría de Xuventude do Concello de Soutomaior para xóvenes de entre 14 e 18 anos.
Os nosos coworkers Cris Fariñas , Ana Cidre, Mónica Miranda e Oscar Torres, contaron de primeira man as súas experiencias laborais, e traxectorias ata o día de hoxe. Historias de cambios, de descubrimentos e revelacións persoais.
“Todo axudoume moito e a non agobiarme tanto cara ó futuro, porque sempre podo cambiar..”, “Me sirvió para darme cuenta de que tengo que hacer lo que quiero, y no sólo porque me de dinero..” son algunhas das frases que os rapaces nos deixaron da súa experiencia desta mañá.
Eles quedaron con ganas de máis e recoñecían certo “cacao mental” pero tamén moitas “ideas” e “ilusión”, pero nós quedamos con moitas máis ganas ca eles para seguir participando de experiencias coma estas. Agardamos repetilas!

Deja un comentario