“Raiola dá, e ti? I Xornada de empregabilidade” por Noela Quintana.

raiola

Cando nos seleccionaron para participar na I Edición do programa Arela, ningún de nós sabiamos o que nos iamos a atopar. Ao longo das sesións puidemos ir descobrindo as nosas competencias persoais e profesionais, aprendendo a xestionar as nosas emocións, coñecendo novas formas de escoitar aos demais…, pero non de xeito individual, senon no contexto dun equipo de traballo que sempre estaba ahí para ir crecendo xuntos.

E agora que hai máis de tres meses dende que rematou a I Edición, que pasou con ese equipo? Como estamos agora? Seguimos percorrendo o camiño de cambio e colaboración que iniciamos en Arela? A resposta é si, SI en maiúsculas: a primeira edición de Arela convertiuse en Raiola, un equipo organizado con reunións semanais que ten como obxectivo tentar contaxiar no seu entorno as ganas de facer as cousas dun xeito diferente, un xeito que pon ás persoas en primeiro lugar e a colaboración entre elas como eixo do cambio.

O primeiro chanzo para ir avanzando cara ese obxectivo é a organización dun evento de emprego, en colaboración có Concello de Pontevedra, que se levará a cabo na cidade o vindeiro 15 de outubro: Raiola dá, e ti? I Xornada de empregabilidade”. Nel poderase atopar dende charlas inspiradoras de persoas que teñen moito que contar ata obradoiros sobre redes sociais, habilidades emocionais, elaboración de CV diferenciadores, imaxen persoa, etc.. Ademáis, haberá a posibilidade de xuntar a empresas e persoas na procura de novas oportunidades dun xeito lúdico e distendido, fora da rixidez habitual á que estamos afeitos.

Con esta xornada queremos mostrarlle á sociedade e especialmente ás persoas que se atopan en situación de procura de emprego que unha forma de facer as cousas é posible, e que se decides actuar dun xeito diferente, os resultados que obterás tamén serán diferentes!!

pd. A segunda edición do Arela está en camino, aínda podedes inscribirvos neste link!.

Apertas!

Noela.

“Arela… Un soño que nace da colaboración entre coworkers” por África Rodríguez.

Arela é un novo programa de emprego do Concello de Pontevedra que será desenvolvido por un equipo de coworkers e colaboradores de Espacio Arroelo: Raquel Pedrouso, Cristina Fariñas, Carmen Suárez e máis eu (África). 

Pero por riba de todo é un programa que xorde dun soño feito realidade: o programa Colabora 2015. Hoxe queremos compartir os resultados e as opinións dalgúns dos participantes desta iniciativa para que se vos gusta poidades apuntaros o Arela.

Facendo memoria o programa Colabora foi desenvolvido sen ningún tipo de apoio económico desde Espazo Arroelo grazas os seus colaboradores e coworkers. Tivo a súa razón de ser en querer demostrar que o impacto de xerar grupos de profesionais que se axudan ten un gran potencial e en mostrar ás Administracións Públicas e empresas que en Galicia era o momento de aproveitar este potencial das persoas.

O impacto de #Colabora2015 en Pontevedra foi para o equipo ilusionante. Máis de 10 persoas traballando, apoios de empresas locais e da provincia e a organización por parte dos 15 participantes do Programa do primeiro Festival de Emprego e Innovación da cidade con máis de 50 asistentes. 

Ademais, supuxo a oportunidade para que o Concello de Pontevedra comezara a plantexarse crear unha iniciativa similar promovida pola administración local. E de súpeto estábase a xerar o proxecto ARELA cunha visión integral e circular onde empresas- Concello e persoas en procura de oportunidades laborais únanse para crear xuntos un mundo de posibilidades.

Pero sobre todo o impacto máis importante do Colabora 2015 foi todo o que achegou este programa a nivel persoal: un cambio radical na vida tanto do equipo organizador como das 15 persoas participantes. 

Roberto Bernárdez

Roberto-bernandez

 

Foi unha experiencia enriquecedora, chea de ideas creativas e innovadoras para afrontar a loita diaria na procura de emprego, pero sobre todo, unha experiencia inspiradora e reveladora, chea de persoas que unen as súas forzas cara a un obxectivo común. 
Eliana Bouzas Collazo

eliana

As e os que nos embarcamos nesta aventura de autocoñecemento, de aprendizaxe, de realización persoal e profesional uníanos e únenos un sentimento común: enfrontarnos a unha situación de desemprego desde ou enfoque de xeración de oportunidades: non somos persoas desempregadas, estamos desempregadas. Algo circunstancial e que en ningún caso defínenos. 
Ana Lorenzo Rivas
ana lorenzoGrazas a este programa desenvolvimos as habilidades necesarias para afrontar momentos difíciles; nel recibimos apoio cando caemos e nel estanos axudando a levantarnos; convídanos a pararnos e a reflexionar; permítenos dubidar, non saber o que queremos; fainos buscar no noso interior as respostas a aquelas preguntas para as que cremos non ter unha resposta; permítenos aprender, aprender e aprender!!
Juan M. López Barreiro

DSC2735_min

Se aprendemos que cada participante do proxecto é diferente, pero ao final todos somos iguais xa que temos un obxectivo común, que é axudarnos uns aos outros, iso é algo que terminei de aprender ao longo destes dous meses, e non só iso senón de coñecer a novas persoas que cada unha delas estanme achegando e ensinando cousas novas que na miña vida non tenia, e que desde hai moitos anos atrás facíanme falta. 
Mª Jose Dopazo

aieY5_Hzkoonem87W4Nh4277JSQXb-4zfrNoxO-aFtQ

Agradecida por darme este espazo de confianza, por facerme sentir que a miña opinión se escoita, que podo conseguir os meus obxectivos. Tamén por cuestionarme. Por facer que ao sentir isto, esfórzome máis para entregar o mellor do meu mesma e achegar algo que nos dea valor a tod@s. 
¿Te unes a Arela

Poderás inscribirte ata finais de mes de febreiro a través destes canles:

  • Presencial: Casa da luz.
  • Teléfono: 986 84 85 52 / 986 84 16 06
  • Mail: administracion@proxectoiles.es

Unha aperta.

África.