“De ARELAS e VEREAS e demais bolboretas” por Cristina Fariñas.

2016-06-16-12-31-57

Recoñezo que de sempre me gustou esa sensación de voltar ó traballo tralas vacacións, sí é certo, de sempre! Ese cheiro a enerxía renovada, a proxectos novos onde todo está por vir, retomar aqueles outros xa iniciados é una sensación que a verdade me engancha. Pero ademais, cando eses proxectos son a consecuencia e o resultado de soños compartidos e obxectivos comúns, a sensación é moito máis intensa. E este ano a volta foi “especialmente especial”.

A semana pasada estreamos setembro cunha reunión de todo o equipo Arela-Verea, dous programas promovidos pola Concellaría de Promoción económica do noso Concello de Pontevedra e que son os responsables das bolboretas que agora sinto no estómago. Porque estou namorada. Namorada destas dúas iniciativas que xa levan unha primeira edición e foron posibles grazas ás persoas que participan e confían noutro xeito de traballar a empregabilidade e a competitividade das nosas empresas. Porque son as persoas as verdadeiras protagonistas deste cambio que está a impulsar o noso Concello; un Concello que aposta e que confía, que aporta e que colabora. Sinto orgullo de traballar aquí, orgullo da miña cidade, da cidadanía que temos disposta e valente. Unha cidadanía que está a tecer unha rede profesional que está a impulsar un cambio real. Un cambio tanto no xeito de buscar oportunidades (Arela) coma de desenvolver os proxectos empresariais locais (Verea).

Arela-Verea é construír en equipo as empresas que queremos e os/as profesionais que a nosa sociedade necesita; é compartir coñecemento e é colaboración. Arela-Verea son profesionais e empresas responsables liderados por unha Corporación que aposta polas persoas, persoas que aportan valor social co seu traballo e que miran cara ao futuro dende a acción e a responsabilidade.

O próximo mes de outubro arrinca unha segunda edición do Arela con toda a aprendizaxe que aportaron ás persoas que participaron e que seguen a traballar. Grazas  Equipo Raiola de corazón!!

Así que, se queres sumarte a este cambio e formar parte da rede e deste movemento, podes inscribirte para participar na segunda edición que dará comezo o próximo mes de outubro, grazas as aportación das persoas que participaron na primeira edición. Equipo Raiola, grazas de todo corazón!!

Ti eres o cambio.

Bolboretas….

Cristina.-

 

 

“Arela… Desexo moi forte de algo” por Cristina Fariñas.

hjpña
ARELA
é un proxecto impulsado polo Concello de Pontevedra, baseado na colaboración e nos obxectivos comúns.

  • Arela non é un curso de formación de 3 meses; en equipo decidimos cales son as nosas necesidades.
  • Arela non é unha experiencia pasiva; é un programa vivencial.
  • Arela non é enfocarse cara ós problemas; Arela é ir acadando retos en equipo para crear novas oportunidades laborais.
  • En Arela non hai profesorado que diga o que temos que facer, o que está mal ou o que está ben. En Arela ti es a persoa responsable do proceso de mellora da túa empregabilidade
  • Arela non é un programa de asistencia obrigatoria; Arela é un programa voluntario e libre onde os teus resultados dependen do teu compromiso persoal
  • Arela non é estar na cadeira bostezando de aburrimento; Arela é traballar doutro xeito e divertirnos para acadar os nosos obxectivos comúns e individuais

Como di unha das nosas participantes da edición anterior: “Nunca pensei que facer un currículum fose divertido

Se estás pensando que Arela é o que andabas a buscar, África Rodríguez, Cris Fariñas, Carmen Suárez e Raquel Pedrouso vos esperamos na Casa da Luz.

Este é o vídeo da primeira edición elaborado polo noso coworker El Espejo Mágico Producciones

Apertas,

Cristina.

“Arela… Un soño que nace da colaboración entre coworkers” por África Rodríguez.

Arela é un novo programa de emprego do Concello de Pontevedra que será desenvolvido por un equipo de coworkers e colaboradores de Espacio Arroelo: Raquel Pedrouso, Cristina Fariñas, Carmen Suárez e máis eu (África). 

Pero por riba de todo é un programa que xorde dun soño feito realidade: o programa Colabora 2015. Hoxe queremos compartir os resultados e as opinións dalgúns dos participantes desta iniciativa para que se vos gusta poidades apuntaros o Arela.

Facendo memoria o programa Colabora foi desenvolvido sen ningún tipo de apoio económico desde Espazo Arroelo grazas os seus colaboradores e coworkers. Tivo a súa razón de ser en querer demostrar que o impacto de xerar grupos de profesionais que se axudan ten un gran potencial e en mostrar ás Administracións Públicas e empresas que en Galicia era o momento de aproveitar este potencial das persoas.

O impacto de #Colabora2015 en Pontevedra foi para o equipo ilusionante. Máis de 10 persoas traballando, apoios de empresas locais e da provincia e a organización por parte dos 15 participantes do Programa do primeiro Festival de Emprego e Innovación da cidade con máis de 50 asistentes. 

Ademais, supuxo a oportunidade para que o Concello de Pontevedra comezara a plantexarse crear unha iniciativa similar promovida pola administración local. E de súpeto estábase a xerar o proxecto ARELA cunha visión integral e circular onde empresas- Concello e persoas en procura de oportunidades laborais únanse para crear xuntos un mundo de posibilidades.

Pero sobre todo o impacto máis importante do Colabora 2015 foi todo o que achegou este programa a nivel persoal: un cambio radical na vida tanto do equipo organizador como das 15 persoas participantes. 

Roberto Bernárdez

Roberto-bernandez

 

Foi unha experiencia enriquecedora, chea de ideas creativas e innovadoras para afrontar a loita diaria na procura de emprego, pero sobre todo, unha experiencia inspiradora e reveladora, chea de persoas que unen as súas forzas cara a un obxectivo común. 
Eliana Bouzas Collazo

eliana

As e os que nos embarcamos nesta aventura de autocoñecemento, de aprendizaxe, de realización persoal e profesional uníanos e únenos un sentimento común: enfrontarnos a unha situación de desemprego desde ou enfoque de xeración de oportunidades: non somos persoas desempregadas, estamos desempregadas. Algo circunstancial e que en ningún caso defínenos. 
Ana Lorenzo Rivas
ana lorenzoGrazas a este programa desenvolvimos as habilidades necesarias para afrontar momentos difíciles; nel recibimos apoio cando caemos e nel estanos axudando a levantarnos; convídanos a pararnos e a reflexionar; permítenos dubidar, non saber o que queremos; fainos buscar no noso interior as respostas a aquelas preguntas para as que cremos non ter unha resposta; permítenos aprender, aprender e aprender!!
Juan M. López Barreiro

DSC2735_min

Se aprendemos que cada participante do proxecto é diferente, pero ao final todos somos iguais xa que temos un obxectivo común, que é axudarnos uns aos outros, iso é algo que terminei de aprender ao longo destes dous meses, e non só iso senón de coñecer a novas persoas que cada unha delas estanme achegando e ensinando cousas novas que na miña vida non tenia, e que desde hai moitos anos atrás facíanme falta. 
Mª Jose Dopazo

aieY5_Hzkoonem87W4Nh4277JSQXb-4zfrNoxO-aFtQ

Agradecida por darme este espazo de confianza, por facerme sentir que a miña opinión se escoita, que podo conseguir os meus obxectivos. Tamén por cuestionarme. Por facer que ao sentir isto, esfórzome máis para entregar o mellor do meu mesma e achegar algo que nos dea valor a tod@s. 
¿Te unes a Arela

Poderás inscribirte ata finais de mes de febreiro a través destes canles:

  • Presencial: Casa da luz.
  • Teléfono: 986 84 85 52 / 986 84 16 06
  • Mail: administracion@proxectoiles.es

Unha aperta.

África.

“Loitar pola túa ARELA para crear unha VEREA” por África Rodríguez.

ARELA- VEREA

Parece que as cousas empezan a cobrar sentido… Que as empresas que cren nas persoas conectarán con aquelas que buscan oportunidades nun mercado laboral con condicións laborais dignas… Contratar en base a actitudes para que sexan as empresas as que formen en destrezas ao equipo interno ao que coidan e tratan con agarimo. O fin último: Manter un tecido empresarial e un mercado laboral onde o TALENTO sexa o elemento principal para que Pontevedra creza.

Ese é o fundamento dos Plans Arela e Verea. Dous programas, financiados pola Concellaría de Promoción Económica da Cidade de Pontevedra, ideados e desenvolvidos por dous equipos que nacen das sinerxias de Espazo Arroelo (Raquel Pedrouso, Cristina Fariñas, África Rodríguez e Mariem Filgueira). Dous equipos interconectados en alianza constante. Por que? Porque co apoio mutuo e o irmandamento aprovéitanse mellor os recursos, o coñecemento libre, as oportunidades…

Plan Arela consiste en acompañar a 20 persoas na mellora da súa empregabilidade durante 3 meses. Traballamos, desde un enfoque colaborativo, na importancia do traballo en equipo, da creación de rede profesional e do valor de compartir coñecemento para xerar oportunidades laborais. A nivel individual, Arela pon o foco nas persoas como protagonistas do seu desenvolvemento profesional. Coa axuda de nosas coworkers Raquel Pedrouso, Cristina Fariñas e África Rodríguez, traballamos o talento a través dun proceso motivador e libre onde as persoas participantes axúdanse, de forma proactiva, a xerar novas oportunidades laborais tal e como fixemos co Programa Colabora2015.

De forma simultánea comeza en marzo o Plan Verea dirixido a 20 empresas de Pontevedra ou persoas emprendedoras que queiran analizar a viabilidade da súa idea de negocio. Porque unha empresa non nace e xa está. Hai que mellorala e coidala de forma personalizada porque cada unha é un mundo. E diso sabe moito nosa coworker  Mariem Filgueira que lidera este proxecto. Este plan de 3 meses, persegue que o tecido empresarial pontevedrés aumente o seu potencial e desenvolva un ecosistema innovador, competitivo e máis sustentable. Se estás a pensar en reformular a túa idea de negocio, mellorar a túa imaxe dixital, abrir novas canles de comercialización, analizar custos, crear plans de acción estratéxicos, mellorar a túa organización interna… Este é o teu momento de facelo de forma colaborativa.

E entón cal é a nosa idea? Unir esforzos, crear redes entre Arela e Verea, potenciar puntos de encontro, fomentar a xeración de oportunidades mutuas, de ideas, de coñecemento… Que ARELA e VEREA intégrense de forma periódica para crear esa comunidade que de forma xenuina vaise tecendo aos poucos.

Porque só colaborando poderemos alcanzar os nosos desexos (Arela) e atopar o camiño (Verea) cara ao obxectivo de cada persoa e empresa.

Máis info e inscricións nestes links. A inscrición para o proceso de selección está aberta ata principios de marzo.  

PLAN VEREA                                   PLAN ARELA

Unha aperta,

África.