María Ferreirós, arquitecta técnica.

MARÍA FERREIRÓS, arquitecta técnica.

No ano 2003 entro a traballar como Arquitecta Técnica na empresa Ecoservicios e Bioconstrucción Atlas. Foron anos de ilusión e aprendizaxe da man dun equipo de artesáns da madeira e cantería. Xuntos levamos a cabo importantes obras de rehabilitación do patrimonio cultural galego, así como vivendas unifamiliares onde fomos pioneiros na aplicación de solucións en materia de bioconstrucción.

Na primaveira do 2006, e despois de realizar o Máster de Renovación Urbana e Rehabilitación, accedo a un contrato en prácticas no Consorcio de Santiago, no que me integro nun equipo de traballo composto por técnicos que me aportan outra perspectiva da miña profesión.

Un ano despois aventúrome e decido facerme freelance, ofertando diferentes servizos técnicos tanto a promotores privados como a administracións públicas, así como a diferentes estudios de arquitectura como Galicia Dreams e Casadobe. Colaboracións que consisten en direccións de execución de obra, coordinacións de seguridade, informes, tasacións, etc.

Dende o ano 2012 e durante máis de 2 anos formei parte da Oficina Municipal de Rehabilitación ARI do Concello de Marín xestionando as axudas a rehabilitación de vivendas e realizando o control técnico das obras.

No ano 2014, querendo ampliar os meus coñecementos sobre o mundo da madeira e a súa aplicación na construcción, realizo o Máster en Enxeñería da madeira estructural en Lugo, o cal me axudou a amar aínda máis, se cabe, o mundo da rehabilitación e da madeira.

Despois de máis de 12 anos nesta profesión, sigo afrontando cada novo proxecto como se fose o primeiro, con ilusión e entusiasmo, dúas características que me definen tanto persoal como profesionalmente.

m.ferreiros@yahoo.es
675 869 708

Deja un comentario