Que te levas do Arela? por África Rodríguez.

archivo_007

Dende o ano pasado o programa Arela do Concello de Pontevedra, desenrolado polas nosas coworkers Raquel Pedrouso, Cristina Fariñas, Carmen Suárez, Noela Quintana e máis eu (África), é unha demostración de que as PERSOAS precisamos de entornos onde compartir reflexións, aprendizaxes e coñecemento.

En menos dun mes dará comezo a Segunda edición gratuita deste Programa de Emprego que se centra no talento individual e na forza do equipo para xerar novas oportunidades laborais. Aquí déixovos algunhas das reflexións dos participantes da primeira edición. Hoxe forman o Equipo Raiola e as súas opinións son o mellor motivo para que as persoas que estades en búsqueda activa de emprego vos animedes a formar parte desta nova edición…

As súas reflexións responden á pregunta habitual do programa Que te levas do Arela?

  • Moito autocoñecemento e motivación. Moitas risas. Admiración pola valentía das coach ó poñer en marcha un proxecto como este, pola súa lección de que se se quere, pódese. E, un equipo maravilloso (Raiola) co que espero seguir en contacto e desenvolver proxectos en común.
  • Gratitude, cariño, creatividade, emocións, amizade, crecemento persoal, autoestima, sorpresa
  • Ilusión e forza para seguir no camiño de conseguir o meu obxectivo.
  • Equipo, ilusión, ganas de hacer, positividad, necesidad de más, compartir, agradecimiento, furanchismo…..
  • Me llevo una experiencia única, que ha cambiado mi persona tanto a nivel laboral como emocional. Gracias África, Raquel, Cristina y Carmen, me habéis transmitido, seguridad y conocimiento emocional y mi equipo Raiola que hace 3 meses no sabía quienes eran cada uno y ahora estamos elaborando un proyecto.
  • Aprendizaje para seguir trabajando.
  • Una forma distinta de ver las cosas y mucha fuerza personal!
  • Lévome moi bos momentos, a colaboración, o equipo, a motivación, o entusiasmo e as gañas de loitar polos nosos soños.
  • Descubrir lo que quiero hacer y enfocarlo para conseguirlo.

Sobran as conclusións pola nosa parte 🙂

Se queredes inscribirvos aquí tedes o link a Segunda Edición.

Apertas,

África.

 

Deja un comentario