“De ARELAS e VEREAS e demais bolboretas” por Cristina Fariñas.

2016-06-16-12-31-57

Recoñezo que de sempre me gustou esa sensación de voltar ó traballo tralas vacacións, sí é certo, de sempre! Ese cheiro a enerxía renovada, a proxectos novos onde todo está por vir, retomar aqueles outros xa iniciados é una sensación que a verdade me engancha. Pero ademais, cando eses proxectos son a consecuencia e o resultado de soños compartidos e obxectivos comúns, a sensación é moito máis intensa. E este ano a volta foi “especialmente especial”.

A semana pasada estreamos setembro cunha reunión de todo o equipo Arela-Verea, dous programas promovidos pola Concellaría de Promoción económica do noso Concello de Pontevedra e que son os responsables das bolboretas que agora sinto no estómago. Porque estou namorada. Namorada destas dúas iniciativas que xa levan unha primeira edición e foron posibles grazas ás persoas que participan e confían noutro xeito de traballar a empregabilidade e a competitividade das nosas empresas. Porque son as persoas as verdadeiras protagonistas deste cambio que está a impulsar o noso Concello; un Concello que aposta e que confía, que aporta e que colabora. Sinto orgullo de traballar aquí, orgullo da miña cidade, da cidadanía que temos disposta e valente. Unha cidadanía que está a tecer unha rede profesional que está a impulsar un cambio real. Un cambio tanto no xeito de buscar oportunidades (Arela) coma de desenvolver os proxectos empresariais locais (Verea).

Arela-Verea é construír en equipo as empresas que queremos e os/as profesionais que a nosa sociedade necesita; é compartir coñecemento e é colaboración. Arela-Verea son profesionais e empresas responsables liderados por unha Corporación que aposta polas persoas, persoas que aportan valor social co seu traballo e que miran cara ao futuro dende a acción e a responsabilidade.

O próximo mes de outubro arrinca unha segunda edición do Arela con toda a aprendizaxe que aportaron ás persoas que participaron e que seguen a traballar. Grazas  Equipo Raiola de corazón!!

Así que, se queres sumarte a este cambio e formar parte da rede e deste movemento, podes inscribirte para participar na segunda edición que dará comezo o próximo mes de outubro, grazas as aportación das persoas que participaron na primeira edición. Equipo Raiola, grazas de todo corazón!!

Ti eres o cambio.

Bolboretas….

Cristina.-

 

 

Deja un comentario