By Sabela Muñiz y Elefantes de Cacharrería (mayo 2015)

“A Vida en Palabras” (mayo 2015)

As nosas coworkers Sabela Muñiz e Elefantes de Cacharrería organizaron unha xornada ben orixinal nesta Arroelada… “A vida en palabras”

Convertiuse nunha oportunidade para transformar as nosas vidas en palabras; un ambiente no que intercambiar e compartir emocións ou experiencias; recordar a nosa verdadeira natureza; e sentirnos parte dunha gran Comunidade.

A sesión incluiu as seguintes actividades:

  • Contacontos: nenos e nenas, nais e pais disfrutaron ó carón dunha boa historia narrada por Paul do Canizo.
  • Audiorrelatos: narracións gráficas dalgunhas obras da nosa coworker e escritora Sabela Muñiz. Un apoio visual que nos somerxiu nos relatos.
  • Human Library: é unha forma innovadora de promover o diálogo, acabar con prexuízos e fomentar o entendemento. É unha rede internacional de experiencias donde os libros non son edicións de papel senón personas físicas. Os lectores puideron falar de maneira informal coas “persoas en préstamo”. Os protagonistas deste espazo foron Ángela Paz, Víctor Loira, Diego Castro e María Luz Pérez Arias.
  • Literatura no paldar: coñecimos libros a partir das súas receitas. Entre outros degustamos a obra “La Cocina Cristiana de Occidente” de Cunqueiro gracias ás nosas coworkers de Elefantes de Cacharrería.
  • Muro dos desexos: compartimos nun muro desexos, anhelos, motivacións ou aspiracións coas que buscamos darlle sentido á nosa vida. Foi un xeito de comprobar que hai máis cousas que nos unen cás que nos dividen. Observar os soños e inquedanzas dos demais fixo que nos identifiquemos con eles e que nos sintamos parte do conxunto, que non estamos sos.
  • Deja un comentario