“Loitar pola túa ARELA para crear unha VEREA” por África Rodríguez.

By 28 enero, 2016Blog

ARELA- VEREA

Parece que as cousas empezan a cobrar sentido… Que as empresas que cren nas persoas conectarán con aquelas que buscan oportunidades nun mercado laboral con condicións laborais dignas… Contratar en base a actitudes para que sexan as empresas as que formen en destrezas ao equipo interno ao que coidan e tratan con agarimo. O fin último: Manter un tecido empresarial e un mercado laboral onde o TALENTO sexa o elemento principal para que Pontevedra creza.

Ese é o fundamento dos Plans Arela e Verea. Dous programas, financiados pola Concellaría de Promoción Económica da Cidade de Pontevedra, ideados e desenvolvidos por dous equipos que nacen das sinerxias de Espazo Arroelo (Raquel Pedrouso, Cristina Fariñas, África Rodríguez e Mariem Filgueira). Dous equipos interconectados en alianza constante. Por que? Porque co apoio mutuo e o irmandamento aprovéitanse mellor os recursos, o coñecemento libre, as oportunidades…

Plan Arela consiste en acompañar a 20 persoas na mellora da súa empregabilidade durante 3 meses. Traballamos, desde un enfoque colaborativo, na importancia do traballo en equipo, da creación de rede profesional e do valor de compartir coñecemento para xerar oportunidades laborais. A nivel individual, Arela pon o foco nas persoas como protagonistas do seu desenvolvemento profesional. Coa axuda de nosas coworkers Raquel Pedrouso, Cristina Fariñas e África Rodríguez, traballamos o talento a través dun proceso motivador e libre onde as persoas participantes axúdanse, de forma proactiva, a xerar novas oportunidades laborais tal e como fixemos co Programa Colabora2015.

De forma simultánea comeza en marzo o Plan Verea dirixido a 20 empresas de Pontevedra ou persoas emprendedoras que queiran analizar a viabilidade da súa idea de negocio. Porque unha empresa non nace e xa está. Hai que mellorala e coidala de forma personalizada porque cada unha é un mundo. E diso sabe moito nosa coworker  Mariem Filgueira que lidera este proxecto. Este plan de 3 meses, persegue que o tecido empresarial pontevedrés aumente o seu potencial e desenvolva un ecosistema innovador, competitivo e máis sustentable. Se estás a pensar en reformular a túa idea de negocio, mellorar a túa imaxe dixital, abrir novas canles de comercialización, analizar custos, crear plans de acción estratéxicos, mellorar a túa organización interna… Este é o teu momento de facelo de forma colaborativa.

E entón cal é a nosa idea? Unir esforzos, crear redes entre Arela e Verea, potenciar puntos de encontro, fomentar a xeración de oportunidades mutuas, de ideas, de coñecemento… Que ARELA e VEREA intégrense de forma periódica para crear esa comunidade que de forma xenuina vaise tecendo aos poucos.

Porque só colaborando poderemos alcanzar os nosos desexos (Arela) e atopar o camiño (Verea) cara ao obxectivo de cada persoa e empresa.

Máis info e inscricións nestes links. A inscrición para o proceso de selección está aberta ata principios de marzo.  

PLAN VEREA                                   PLAN ARELA

Unha aperta,

África.

Leave a Reply